A Xunta lanza unha nova edición dos cursos sobre as aplicacións prácticas da intelixencia artificial para a cidadanía
- Son 17 xornadas formativas que se realizarán de xeito presencial en aulas CeMIT das catro provincias galegas entre novembro e decembro
- A formación está destinada, especialmente, a persoas maiores de 55 anos que poderán coñecer as aplicacións prácticas da IA e a súa capacidade para mellorar o día a día
Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2024.- A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia pon en marcha unha nova edición do programa formativo A Intelixencia Artificial no día a día para achegar as vantaxes da IA entre a cidadanía. Son un total de 17 xornadas que se realizarán de xeito presencial durante os meses de novembro e decembro en aulas da Rede CeMIT
A formación, destinada especialmente a persoas maiores de 55 anos, achega aos participantes os conceptos e características básicas da IA, o seu impacto no día a día e a súa contribución á sociedade. Son sesións de 90 minutos de duración, nas que se presentan casos prácticos de emprego da intelixencia artificial na vida cotiá, así como as posibles barreiras ou dificultades no seu uso e os posibles riscos.
O obxectivo das xornadas é que os participantes poidan adquirir as competencias necesarias para o uso de ferramentas que empregan a IA como o móbil, asistentes persoais, tradutores instantáneos ou a xeración de imaxes, entre outros.
Os interesados en participar poder formalizar as inscricións poñéndose en contacto cos responsables das aulas CeMIT ou, a través de internet, na web https://cemit.xunta.gal.
Programación das sesións
AULA CeMIT | DATA E HORARIO | INSCRICIÓN |
San Sadurniño | 5 de novembro de 11:00 a 12:30 horas | https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/48151 |
Fisterra | 7 de novembro de 16:30 a 18:00 horas | https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/48152 |
Betanzos | 11 de novembro de 10:00 a 11:30 horas | https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/48121 |
Fisterra | 12 de novembro de 10:00 a 11:30 horas | https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/48153 |
Santa Comba | 12 de novembro de 17:00 a 18:30 horas | https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/48161 |
Catoira | 13 de novembro de 12:00 a 13:30 horas | https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/48163 |
Cuntis | 13 de novembro de 16:30 a 18:00 horas | https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/48165 |
O Barco de Valdeorras | 14 de novembro de 11:00 a 12:30 horas | https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/48088 |
Ortigueira | 19 de novembro de 10:30 a 12:00 horas | https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/48166 |
O Vicedo | 22 de novembro de 16:30 a 18:00 horas | https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/48167 |
Valga | 25 de novembro de 10:00 a 11:30 horas | https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/48168 |
Guitiriz | 26 de novembro de 10.30 a 12:00 horas | https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/48169 |
Vigo | 27 de novembro de 10:00 a 11:30 horas | https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/48080 |
Pontevedra | 2 de decembro de 10:00 a 11:30 horas | https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/48170 |
Brión | 10 de decembro de 19:30 a 21:00 horas | https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/48171 |
Leiro | 18 de decembro de 10:00 a 11:30 horas | https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/48091 |
Celanova | 18 de decembro de 16:00 a 17:30 horas | https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/48172 |