A Xunta inaugura en Ferrol unha exposición que pon en valor os proxectos cofinanciados con fondos da UE
Ferrol, 22 de novembro de 2024.- O director xeral de Cohesión e Fondos Europeos, Ángel Luís Tarrío Tobar, inaugurou hoxe na ferrolá Praza de Armas unha exposición itinerante sobre os fondos europeos que está a percorrer, ata finais de ano, varias vilas e cidades da xeografía galega. A mostra buscar dar a coñecer á cidadanía os distintos programas europeos e as oportunidades de financiamento que ofrecen, así como facer visibles os proxectos que xa están en marcha.
A exposición, composta por 16 paneis explica que gran parte do desenvolvemento que experimentou Galicia nos últimos 35 anos vai ligado aos fondos europeos que recibiu a Comunidade Autónoma durante este período, ademais de por exemplos de proxectos financiados con estes fondos en distintos ámbitos.