Volver ao contido

Notas de prensa Notas de prensa

Atrás

A Xunta anima a unir esforzos e compartir recursos que axuden aos mediadores de seguros a competir nun mercado cada vez máis esixente

A Xunta anima a unir esforzos e compartir recursos que axuden aos mediadores de seguros a competir nun mercado cada vez máis esixente

  • O secretario xeral Técnico e do Tesouro, David Cabañó, participou esta mañá na inauguración do X Encontro Asegurador Galego

Santiago de Compostela, 29 de outubro.- O secretario xeral Técnico e do Tesouro, David Cabañó, animou hoxe a unir esforzos e compartir recursos que permitan e axuden aos mediadores de seguros a competir nun mercado cada vez máis esixente.

Durante a inauguración do X Encontro Asegurador Galego, David Cabañó analizou os retos aos que se enfronta a mediación na sociedade actual e trasladou o compromiso da colaboración da Xunta en beneficio de todos os galegos e as galegas.

Nesta liña, asegurou que, nun momento e cunha contorna de moita complexidade e incertezas, o Goberno galego traballa para que as políticas públicas proporcionen certezas aos axentes económicos e á cidadanía, co obxectivo de que contribúan e apoien as súas decisións de consumo, de aforro e de inversión.

Así mesmo, o secretario xeral Técnico e do Tesouro referiuse á importancia de que a Comunidade conte, cada ano, cun orzamento en tempo e forma e poida executalo. Un orzamento de máis de 14.000 millóns de euros, que contribuirá a manter un crecemento continuado e sostido da actividade económica como o que vén tendo Galicia no últimos anos.