Volver ao contido

Notas de prensa Notas de prensa

Atrás

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia convoca probas libres para obter a certificación galega de competencias dixitais nos niveis de iniciación e intermedio

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia convoca probas libres para obter a certificación galega de competencias dixitais nos niveis de iniciación e intermedio

  • As inscricións para ambos niveis poden realizarse desde hoxe e ata o 13 de maio
  • As probas realizaranse os días 18, 19 e 20 de xuño de forma presencial nas aulas CeMIT de 50 concellos de toda Galicia
  • É a primeira edición da certificación ComDix que ofrece o nivel intermedio para a cidadanía 
  • Esta certificación acredita o nivel de competencia das persoas na utilización das tecnoloxías dixitais no eido persoal, social e profesional 

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2025.- A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) vén de convocar as probas de carácter libre para obter a certificación galega en competencias dixitais (ComDix) nos niveis Iniciación e Intermedio cun total de máis de 1700 prazas. As inscricións poden realizarse desde hoxe e ata o vindeiro 13 de maio, incluído, a través da Rede CeMIT.

É a primeira edición da Certificación ComDIx na que se ofrece a certificación galega en competencias dixitais no nivel intermedio. Ata o momento só estaba dispoñible o nivel iniciación. 

Estas convocatorias están abertas a toda a cidadanía e teñen como finalidade acreditar os coñecementos, habilidades e actitudes necesarias para utilizar as tecnoloxías dixitais, tanto de forma persoal como social ou profesional. O exames realizaranse os dias 18, 19 e 29 de xuño. 

Os lugares, datas e horarios poden consultarse na páxina web da rede CeMIT (https://cemit.xunta.gal), na que figura o calendario das probas presenciais en 50 concellos de Galicia.

Tras a finalización do prazo de inscrición, no caso de que existan mais persoas solicitantes que prazas convocadas, realizarse un sorteo para establecer a orde de prelación para adxudicar as mesmas. 

Avaliación
Estas probas de certificación abarcan as 5 áreas e as 21 competencias definidas no Marco Galego de competencias dixitais e para obter o ComDix en calquera dos seus niveis é preciso superar un cuestionario de 60-70 preguntas tipo test, que inclúe a avaliación das 21 competencias que establece o Marco Galego ComDix.