Volver ao contido

Notas de prensa Notas de prensa

Atrás

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia convoca máis de 1.300 prazas para obter a certificación galega de competencias dixitais

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia convoca máis de 1.300 prazas para obter a certificación galega de competencias dixitais

  • As inscricións desta convocatoria para o nivel de iniciación poden realizarse desde mañá e ata o 28 de febreiro
  • As probas realizaranse os días 2, 3 e 4 de abril de forma presencial nas aulas CeMIT de 50 concellos de toda Galicia
  • Esta certificación acredita o nivel de competencia das persoas na utilización das tecnoloxías dixitais no eido persoal, social e profesional 

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2025.- A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a convocatoria de  1.360 prazas de carácter libre para obter da certificación galega en competencias dixitais no nivel Iniciación (ComDix Iniciación). As inscricións poderán realizarse desde mañá e ata o vindeiro 28 de febreiro través da Rede CeMIT.

Esta convocatoria está aberta a toda a cidadanía e ten como finalidade  acreditar os coñecementos, habilidades e actitudes necesarias para utilizar as tecnoloxías dixitais, tanto a nivel persoal como social ou profesional. O exames realizaranse os dias 2, 3 e 4 de abril. Os lugares, datas e horarios poden consultarse na páxina web da rede CeMIT (https://cemit.xunta.gal), na que figura a calendarización das probas presenciais en 50 concellos de Galicia

Tras a finalización do prazo de inscrición, no caso de que existan mais persoas solicitantes que prazas convocadas, realizarse un sorteo para establecer a orde de prelación para adxudicar as mesmas. 

Contidos online e avaliación
Estas probas de certificación compleméntanse coa publicación na plataforma de teleformación da rede CeMIT de contidos formativos en liña, que abarcan as 5 áreas e as 21 competencias definidas no Marco Galego de competencias dixitais. Para obter o ComDix Iniciación é preciso superar un cuestionario de 60-70 preguntas tipo test que inclúe a avaliación das 21 competencias que establece o Marco Galego ComDix.